Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, no marco da Orde do 14 de xuño de 2023 (DOG núm. 120, do 26 de xuño)
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, regulada pola Orde do 14 de xuño de 2023, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG núm. 120, do 26 de xuño).
Enténdese por microproxectos aquelas intervencións puntuais, de limitada intensidade, de duración non superior aos 12 meses que teñan por obxecto fortalecer e/ou complementar outras actuacións levadas a cabo por axentes de cooperación no mesmo territorio.
O período de execución dos proxectos abrangue un ano, do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2023 e a dotación orzamentaria da convocatoria ascendía a 90.000 €
Presentáronse un total de 5 solicitudes e a resolución da convocatoria aproba o financiamento de 3 proxectos.