Novas de Cooperación Galega
02/05/2016
Xeral

Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, no marco da Orde do 15 de decembro de 2015.

 A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, regulada pola Orde do 15 de decembro de 2015, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O período de execución destes proxectos será de dous anos, o 2016- 2017, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende 2.382.510 euros, conforme a seguinte distribución:

• Proxectos no exterior de ONGD: 2.007.510 € (757.510 € no ano 2016 e 1.250.000€ no 2017).
• Proxectos no exterior doutros axentes: 375.000 € (150.000 € no ano 2016 e 225.000 € no 2017).

O número de solicitudes presentadas foron 49 en total: 36 para proxectos de ONGD, 13 para proxectos doutros axentes.

A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 15 proxectos: 11 proxectos de ONGD, 4 doutros axentes.

Por problemas técnicos coa web da cooperación Galega, a consulta da resolución poderán facela no seguinte enlace.

www.dropbox.com/sh/tms8nprgjzyma65/AACZ0AgQi3uTCNgItOWxkryWa