Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, no marco da Orde do 17 de decembro de 2018
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, regulada pola Orde do 17 de decembro de 2018, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
O período de execución destes proxectos será de dous anos, o 2019- 2020, e a 3.500.000 € (1.400.000 € para o 2019 e 2.100.000 € para o 2020), o que representa un incremento dun 7,30% respecto á dotación da convocatoria do ano 2018. O reparto por axentes é o seguinte:
- Proxectos no exterior de ONGD: 2.800.000 € (1.120.000 € no ano 2019 e 1.680.000 € no 2020).
- Proxectos no exterior doutros axentes: 700.000 € (280.000 € no ano 2019 e 420.000 € no 2020).
O número de solicitudes presentadas foron 45 en total: 34 para proxectos de ONGD, 11 para proxectos doutros axentes.
A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 19 proxectos: 17 proxectos de ONGD, 2 de outros axentes. Destes proxectos, 5 corresponden a agrupación de entidades. Ademais destácase que salvo un, os demais executaranse nos países prioritarios da Cooperación Galega, consonte o IV Plan Director (5 en República Dominicana, 3 en Guatemala, 3 en Nicaragua, 2 no Salvador, 2 en Perú, 1 en Honduras, 1 en Bolivia, 1 en Ecuador e 1 en Serra leoa).