Novas de Cooperación Galega
01/08/2023
Convocatorias

Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, no marco da Orde do 19 de abril de 2023 (DOG núm. 83, do 2 de maio)

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, regulada pola 19 de abril de 2023, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG núm. 83, do 2 de maio).

O período de execución dos proxectos abrangue dous anos, 2023-2024, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascendía a 6.000.000 € consonte á seguinte distribución:

  • Proxectos no exterior de ONGD: 5.300.000 € (2.120.000 no 2023 e 3.180.000 no 2024).
  • Proxectos no exterior dos outros axentes: 700.000 € (280.000 no 2023 e 420.000 no 2024).

Presentáronse un total de 53 solicitudes: 40 para proxectos de ONGD e 13 para proxectos doutros axentes.

A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 32 proxectos: 28 de ONGD e 4 doutros axentes.

Destes proxectos, 5 corresponden a agrupación de entidades, e todos eles, salvo un na India, executaranse en países prioritarios da Cooperación Galega consonte o V Plan director (7 en Guatemala y Perú, 4 no Salvador, 3 en Nicaragua, 3 en Honduras, 3 na República Dominicana, 2 en Bolivia, e 1 en Ecuador e Guinea Bissau), tal como consta no seguinte enlace.