Novas de Cooperación Galega
12/06/2020
Convocatorias

Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, no marco da Orde do 23 de decembro de 2019

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, regulada pola Orde do 23 de decembro de 2019, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O período de execución destes proxectos será de dous anos, 2020-2021. A dotación é de 4.715.458 €, o que representa un incremento de preto dun 35% respecto á dotación da convocatoria do ano anterior, e se reparte conforme á seguinte distribución:

  • Proxectos no exterior de ONGD: 4.015.458 € (1.606.183 € no ano 2020 e 2.409.275 € no 2021).
  • Proxectos no exterior doutros axentes: 700.000 € (280.000 € no ano 2020 e 420.000 € no 2021).

Presentáronse 54 solicitudes: 41 para proxectos de ONGD e 13 para proxectos doutros axentes.

A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 26 proxectos: 24 proxectos de ONGD e 2 doutros axentes.

Destes proxectos, 5 corresponden a agrupación de entidades. Ademais, destácase que case todos eles, salvo dous, un na India e outro en Palestina, executaranse nos países prioritarios da Cooperación Galega, consonte o IV Plan director (8 en Guatemala, 3 en Bolivia, Honduras e República Dominicana, 2 en Nicaragua, 1 no Perú, O Salvador, Guinea Bissau, Ecuador e Mozambique).