Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, no marco da Orde do 23 de marzo de 2022 (DOG núm. 67, do 6 de abril)
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, regulada pola 23 de marzo de 2022, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (DOG núm. 67, do 6 de abril).
O período de execución dos proxectos abrangue dous anos, 2022-2023, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascendía a 5.400.000 € consonte á seguinte distribución:
- Proxectos no exterior de ONGD: 4.700.000 € (1.880.000 € no ano 2022 e 2.820.000 € no 2023).
- Proxectos no exterior doutros axentes: 700.000 € (280.000 € no ano 2022 e 420.000 € no 2023).
Presentáronse un total de 43 solicitudes: 34 para proxectos de ONGD e 9 para proxectos doutros axentes.
A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 31 proxectos: 26 de ONGD e 5 doutros axentes.
Destes proxectos, 6 corresponden a agrupación de entidades, e todos eles, salvo un na India, executaranse en países prioritarios da Cooperación Galega consonte o IV Plan director (6 en Guatemala, 4 en Nicaragua, 4 en Honduras, 4 en Bolivia, 3 na República Dominicana, 2 no Perú, 2 no Ecuador, 2 en Mozambique, e 1 no Salvador, Cabo Verde e Guinea Bissau).