Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global a executar polas ONGD, no marco da Orde do 11 de abril de 2018
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global a executar polas ONGD, regulada pola Orde do 11 de abril de 2018 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
O período de execución destes proxectos será de dous anos, 2018- 2019, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 450.000 € (180.000 € para o 2018 e 270.000 € para o 2019), o que representa un incremento dun 12,50% respecto á dotación da convocatoria do ano 2017.
O número de solicitudes presentadas foi 22.
A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 13 proxectos.