Novas de Cooperación Galega
23/07/2019
Convocatorias

Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, a executar polas ONGD, no marco da Orde do 2 de abril de 2019 (DOG núm. 77, do 23 de abril)

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global a executar polas ONGD, regulada pola Orde do 2 de abril de 2019 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 77, do 23.04.2019).

O período de execución destes proxectos abarcará dous anos, 2019-2020, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 500.000 € (200.000 € no ano 2019 e 300.000 € no 2020), o que representa un incremento dun 11,1% respecto á dotación da convocatoria do ano 2018.

Presentáronse un total de 20 solicitudes e a resolución da convocatoria aproba o financiamento de 14 proxectos.