Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global por parte das ONGD, no marco da Orde do 20 de abril do 2021 (DOG núm. 82, do 3 de maio)
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global por parte das ONGD, regulada pola Orde do 20 de abril de 2021, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (DOG núm. 82, do 3 de maio).
O período de execución destes proxectos abarcará dúas anualidades, 2021 e 2022, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 500.000 € (200.000 € no ano 2021 e 300.000 € no 2022), a mesma dotación total, aínda que con diferente reparto anual, que a convocatoria do ano 2020.
Presentáronse un total de 25 solicitudes e a resolución da convocatoria aproba o financiamento de 13 proxectos.