Novas de Cooperación Galega
30/09/2020
Convocatorias

Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global por parte das ONGD, no marco da Orde do 22 de xuño de 2020 (DOG núm. 134, do 7 de xullo)

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global por parte das ONGD, regulada pola Orde do 22 de xuño do 2020, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 134, do 7 de xullo).

O período de execución destes proxectos abarcará dúas anualidades, 2020 e 2021, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 500.000 € (150.000 € no ano 2020 e 350.000 € no 2021).

Presentáronse un total de 21 solicitudes e a resolución da convocatoria aproba o financiamento de 10 proxectos.