Novas de Cooperación Galega
31/08/2023
Convocatorias
Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global por parte das ONGD, no marco da Orde do 26 de maio do 2023 (DOG núm. 107, do 7 de xuño)
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global por parte das ONGD, regulada pola Orde do 26 de maio do 2023, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG núm. 107, do 7 de xuño).
O período de execución destes proxectos abarcará dúas anualidades, 2023 e 2024, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 600.000 € (240.000 € no ano 2023 e 360.000 € no 2024).
Presentáronse un total de 24 solicitudes e a resolución da convocatoria aproba o financiamento de 16 proxectos.