Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global por parte das ONGD, no marco da Orde do 4 de maio do 2022 (DOG núm. 97, do 20 de maio)
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global por parte das ONGD, regulada pola Orde do 4 de maio do 2022, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (DOG núm. 97, do 20 de maio).
O período de execución destes proxectos abarcará dúas anualidades, 2022 e 2023, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 600.000 € (240.000 € no ano 2022 e 360.000 € no 2023), o que supón un incremento dun 20 % na súa dotación respecto á do ano 2021 (100.000 € máis).
Presentáronse un total de 22 solicitudes e a resolución da convocatoria aproba o financiamento de 17 proxectos.