Novas de Cooperación Galega
26/06/2017
Convocatorias

Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento polas organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, no marco da Orde do 23 de marzo de 2017

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento polas organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, regulada pola Orde do 23 de marzo de 2017, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O período de execución destes proxectos será de dous anos, o 2017- 2018, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende 400.000 euros (160.000 € no 2017 e 240.000 € no 2018).

O número de solicitudes presentadas foron 25.

A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 11 proxectos.