Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030, a executar polos grupos e centros de investigación das universidades galegas, no marco da Orde do 6 de maio de 2019, publicada no DOG do 28 de maio
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030, a executar polos grupos e centros de investigación das universidades galegas, regulada pola Orde do 6 de maio de 2019, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
O período de execución destes proxectos será de dous anos (2019 e 2020) e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 150.000 € (75.000 € para o ano 2019 e 75.000 € para o 2020).
Presentáronse un total de catorce solicitudes, das que dúas foron proposta de creación de grupo e as doce restantes de proxecto de investigación.
A resolución da convocatoria aproba o financiamento de cinco proxectos, dos cales dous corresponden a agrupación de entidades e dous a modalidade de creación de grupos de investigación.