Novas de Cooperación Galega
11/08/2021
Convocatorias

Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030, a executar polos grupos e centros de investigación das universidades galegas, no marco da Orde do 7 de maio de 2021, publicada no DOG do 21 de maio

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030, a executar polos grupos e centros de investigación das universidades galegas, regulada pola Orde do 7 de maio de 2021, da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

O período de execución destes proxectos será de dous anos (2021 e 2022) e a  dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 150.000 € (75.000 € para o ano 2021 e 75.000 € para o 2022).

Presentáronse un total de catorce solicitudes, trece delas para a execución de proxectos de investigación para o desenvolvemento e unha relativa á creación dun grupo de investigación.

A resolución da convocatoria aproba o financiamento de cinco proxectos, dos cales dous corresponden a agrupación de entidades.