Novas de Cooperación Galega
30/10/2017
Convocatorias

Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da Orde do 14 de xuño de 2017

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, a executar polos grupos e centros de investigación das universidades galegas,  regulada pola Orde do 14 de xuño de 2017, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O período de execución destes proxectos será de dous anos (2017 e 2018) e a  dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 150.000 € (75.000 € para o ano 2017 e 75.000 € para o 2018).

O número de solicitudes ascendeu a un total de 13. A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 5 proxectos, dos cales 3 corresponden a agrupación de entidades.