Resolución da convocatoria de subvencións para proxectos de investigación e de creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030, Orde do 14 de xuño de 2023 (DOG núm. 119, do 23 de xuño)
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da Axenda 2030, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas, regulada pola Orde do 14 de xuño de 2023, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG núm. 119, do 23 de xuño).
O período de execución destes proxectos abarcará dúas anualidades, 2023 e 2024, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 200.000 € (100.000 € no ano 2023 e 100.000 € no 2024).
Presentáronse un total de 15 solicitudes e a resolución da convocatoria aproba o financiamento de 7 proxectos.