Resolución da convocatoria de subvencións para proxectos de investigación e de creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030, Orde do 15 de maio do 2025 (DOG núm. 101, do 28 de maio)
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da Axenda 2030, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas, regulada pola Orde do 15 de maio de 2025, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG núm. 101, do 28 de maio).
O período de execución destes proxectos abarcará dúas anualidades, 2025 e 2026, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 200.000 € (100.000 € no ano 2025 e 100.000 € no 2026).
Presentáronse un total de 25, das que 19 pasaron á fase de valoración por cumprir cos requisitos establecidos, e resultaron aprobados 18 deles e un suspenso. Non obstante, a dotación da convocatoria permite financiar 7 dos proxectos que resultaron aprobados (4 da Universidade de Santiago, 2 da Universidade de Vigo e 1 da Universidade da Coruña).