Novas de Cooperación Galega
24/04/2015
Xeral
Resolución das convocatorias de subvencións para a execución de proxectos e de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación publicada no DOG núm. 249 de 30 decembro de 2014
O período de execución destes proxectos é de dous anos, o 2015 e 2016, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 3.650.000 €.
Presentáronse un total de 66 proxectos (43 proxectos de ONGD, 16 proxectos doutros axentes e 7 microproxectos).
A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 23 proxectos (18 proxectos de ONGD, 4 doutros axentes e 1 microproxecto).