Novas de Cooperación Galega
18/09/2007
Xeral

REUNIÓN COS REPRESENTANTES DA ORGANICACIÓN "MOVIMIENTO POR LA PAZ"

A Directora Xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, reuniuse hoxe (19/09/07) coa presidenta da organización Movimiento por la Paz, Francisca Sauquillo, e coa súa coordinadora xeral, María Jesús Herrera, para estudar a posibilidade de abrir novas vías de cooperación entre a organización e a Xunta de Galicia en materia de cooperación. 

Tras expor as intencións de operar en breves datas tamén dende Galicia, as representantes de Movimiento por la Paz mostraron o seu interese de participar xunto coa Dirección Xeral en diversos proxectos. Estas actuacións levaríanse a cabo principalmente en dous dos países prioritarios para a Cooperación Galega, como serían Cuba e Senegal. 

Esta reunión remarca as liñas polas que a Dirección Xeral se ven guiando dende hai dous anos: fomentar as tarefas educativas e sociais, dende a perspectiva dos métodos de aprendizaxe e autoxestión de recursos dos países pobres. As actuacións resaltarían os principios polos que se rexe o Plan Director da Cooperación Galega, que queren dar cobertura as necesidades sociais básicas. 

Á reunión asistiron tamén o representante de Unións Agrarias, Roberto García, e a de UXT, Rosa Arcos, que se mostraron abertos a colaborar con Movimiento por la Paz nas súas diferentes actuacións, e rexidos polas esixencias da Cooperación Galega.