Novas de Cooperación Galega
11/03/2008
Xeral

A SUBDIRECTORA XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR PARTICIPA NA INAUGURACIÓN DE “UN ANAQUIÑO DE NICARAGUA"

A subdirectora xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, Carlota Román, participou onte na inauguración da exposición fotográfica “Un anaquiño de Nicaragua” que permanecerá na Fundación Gonzalo Torrente Ballester en Santiago ata o día 30 de marzo.Román, que estivo acompñada na inauguración pola delegada en Galicia de Acción contra a Fame, Isabel Iglesias, o fotógrafo Fernando Bellas, a actriz Ánxela G. Abalo, e o dramaturgo Gustavo Pernas, recordou na súa intervención que a exposición se enmarca “dentro dos proxectos de sensibilización que financia a Dirección Xeral de Cooperación Exterior e que teñen por obxecto achegar á sociedade galega a realidade dos países en desenvolvemento”.Nicaragua, considerado país prioritario para a Cooperación Galega, ocupa o posto 110 no listado do Índice de Desenvolvemento Humano, case a metade da poboación deste país é pobre ou estremadamente pobre, sobre todo nas zonas rurais, e o acceso aos alimentos tampouco está garantido polos altos niveis de pobreza, a baixa renda per cápita e a limitada oferta.Por iso Román insistiu en que as fotos da exposición reflicten a parte visible do traballo realizado. “así –engadiu- poderemos observar por unha banda os resultados positivos que xa se están acadando, e pola outra, que aínda queda moito por facer para chegar a un mundo máis xusto onde os dereitos humanos se cumpran en democracia e liberdade”.