Novas de Cooperación Galega
06/03/2008
Xeral

A SUBDIRECTORA XERAL PARTICIPA NO XXIII SEMINARIO DE ENCONTROS DE EDUCACIÓN PARA A PAZ

A subdirectora xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, Carlota Román, participou onte na inauguración do XXIII Seminario de Encontros de Educación para a Paz que terá lugar e ata o sábado na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).Román recordou na súa intervención que a democracia implica un sistema de valores centrados no ser humano e nos seus dereitos universais, valores nos que destacan a dignidade e a igualdade e que se plasman na participación real e efectiva dos cidadáns na sociedade.Do mesmo xeito, engadiu que “dende a Cooperación Galega entendemos que a educación e os valores democráticos son unha ferramenta básica, tanto para os proxectos de desenvolvemento coma para a sensibilización da sociedade galega”.Entre outros, participarán ó longo destes días Gregorio Peces Barba, Henri Peña Ruiz, filósofo do Instituto de Estudios Políticos de París ou Juan José Tamayo.