Novas de Cooperación Galega
19/06/2006
Xeral

SUBVENCIÓNS PARA A CONSOLIDACIÓN E FORTALECEMENTO DE ONGDS

Convócanse as subvencións con cargo aos orzamentos xerais da comunidade autónoma para 2006 e 2007 polas contías máximas de 160.000 euros no ano 2006 e de 110.000 euros no ano 2007.

O prazo de presentación é dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.