Novas de Cooperación Galega
14/03/2018
Xeral

Visita ao proxecto para a mellora da Calidade Educativa no Barrio Santa Lucía, executado en Santiago de los Caballeros

Representantes do Viceministerio de Cooperación Internacional da República Dominicana visitan o proxecto para a mellora da Calidade Educativa no Barrio Santa Lucía executado en Santiago de los Caballeros polo Centro Integral para o Desarrollo Local (CIDEL), a Fundación Solidaridad e a Fundación Balms para a infancia, que conta co financiamento da Xunta de Galicia.

 

“Cando chegas a unha idade que non sabes nin ler nin escribir te sentes avergonzado, pero se atopas quen te apoie e anime é moi bo, porque así aprendes a non deixarte enganar”. Así de agradecidos mostráronse os/as líderes comunitarios coas actividades educativas e formativas que se están levando a cabo no marco do Proxecto “Mellora da Calidade Educativa no Barrio Santa Lucía” en Santiago, o cal busca incidir na participación e empoderamento da poboación da comunidade a través de actividades e accións que contribúan a lograr o dereito a unha educación inclusiva e de calidade para a poboación da comunidade.  

As representantes do Viceministerio de Cooperación Internacional, pertencente ao Ministerio de Economía Planificación y Desarrollo (MEPyD) da República Dominicana, visitaron esta iniciativa impulsada conxuntamente polo Centro Integral para el Desarrollo Local (CIDEL), a Fundación Solidaridad e a Fundación Balms para a infancia, que conta co apoio da Xunta de Galicia.

Durante toda a xornada, mantiveron encontros cos distintos actores que colaboran no proxecto. Reuníronse co os/as representantes do Programa de Formación y Empleo (PROFyE) e  o Instituto Técnico Profesional (INFOTEP) - institucións coas que se coordinan as accións de capacitación que se desenvolven nas escolas e o barrio de Santa Lucía -, cos representantes da Dirección Regional de Cultura y del Distrito Educativo 08-04 da Dirección Regional de Educación, así como cos/as líderes comunitarios do barrio, cos que intercambiaron experiencias.

En representación do Viceministerio de Cooperación Internacional participaron Gladys Michelle Rojas Vólquez e Emelin Taveras, en tanto que a Xunta de Galicia estivo representada por María Aguado. A Fundación Solidaridad e o Centro Integral para el Desarrollo Local (CIDEL), entidades que xunto á Fundación Balms para a Infancia implementan o proxecto, estiveron representadas por Juan Castillo, Alfredo Matías e Ana Vásquez.

Durante a visita polo Barrio Santa Lucía, aproveitaron para coñecer a escola “Cometas de Esperanza”, que ten sido recoñecida por diferentes institucións e coxo alumnado participan nas actividades do proxecto, xunto coa Escola Dra. Teresa Peña Silverio.

Tras a visita púidose constatar que os primeiros meses de comezo do proxecto de Mellora da Calidade Educativa no Barrio Santa Lucía están sendo moi activos. Ata o momento se teñen realizado talleres sobre Innovación Pedagóxica, Avaliación dos nenos e nenas por competencias  e Lectoescritura, coa participación de docentes de seis centros educativos do Barrio Santa Lucía e dos sectores veciños. Impartíronse ademais tres cursos sobre habilidades sociais para a inserción laboral nos que participaron 68 persoas do barrio. Comezaron tamén as actividades de alfabetización para mulleres adultas, as actividades na ludoteca situada en el Centro Comunal Mauro Lorenzo, que tamén conta con financiación da Xunta de Galicia, e puxéronse en marcha entre outras, capacitacións nas áreas de beleza y cociña.

Coa presente iniciativa se busca impulsar o desenvolvemento humano sostible das persoas que habitan o Barrio Santa Lucía, a través dunha estratexia educativa que continúe os esforzos realizados co “Programa de Mejoramiento del Barrio Santa Lucía”, creando sinerxías coas políticas e directrices educativas dominicanas, en particular, coa Estrategia Nacional de Desarrollo, co Pacto Nacional por una Educación de Calidad (2014-2030) e coa Iniciativa Dominicana por una Educación de Calidad.