Novas de Cooperación Galega
19/04/2006
Xeral

XOSÉ RAMIL ANIMA A QUE A INFORMACIÓN ACTÚE COMO MOTOR DE CAMBIO PARA UNHA SOCIEDADE MÁIS XUSTA

Xosé Ramil, xornalista adicado a informacións sobre a cooperación, manifestouse hoxe a favor de que ”a comunicación actúe como motor de cambio para conseguir unha sociedade máis xusta”. Neste sentido, declarou que é “fundamental” o emprego de Internet como “medio que fomenta a acción”.

Durante a súa ponencia nas Xornadas de Cooperación e Comunicación Social, nas que presentou o portal CanalSolidario.org, Ramil fixo un chamaneto a que “os que traballan coa información se impliquen na defensa dos valores sociales e no desenvlvemeno sostible”.

En canto o tema do voluntariado, Xose Ramil indicou que “en certas situacións ten que estar organizado, pero tamén é importante promocionar a autoorganización da xente mediante redes sociais”. Nesa liña traballan co portal do voluntariado en Brasil.

Ramil presentou o portal Canal Solidario, iniciativa na que participa como editor. Este portal, cuia primeria versión é do ano 1999 e segue evolucionando cara a diversos proxectos como o dunha sección de periodistas sociais, ten como finalidade “detectar accións das organizacións e movementos sociais que deberían estar reflexadas nos medios”. e, sobre todo, servir de axuda para que pequenas e medianas ONG´s poidan difundir o seu labor.

Nunha recente enquisa amosouse que é maior a porcentaxe de mulleres que de homes que visitan este portal, á vez que constantouse que a maioría dos usuarios traballan como voluntarios. Un resultado alentador, segundo palabras de Ramil, é que “un 74% dos encuestados indicou que a consulta de Canal Solidario os incitara á acción”, mediante envíos de correo electrónico ou firmas na web dunha ONG.

Ramil asegurou que “moitas veces, dende Canal Solidario, dámoslle prioridade á calidade sobre a rapiez”, e con ese fin sacan reportaxes sobre organizacións que buscan resultados nun área concreta como o das persoas maiores que viven soas.