Novas de Cooperación Galega
15/01/2024
Xeral

A Xunta aborda con UNRWA España a situación da poboación refuxiada palestina na franxa de Gaza

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu a directora en España da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos, Raquel Martí, á que da trasladou a colaboración da Xunta en apoio a esta poboación.

 

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá coa máxima responsable en España da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos (UNRWA), Raquel Martí, para coñecer de primeira man a situación humanitaria que está vivir a poboación palestina refuxiada na Franxa de Gaza.

A Xunta mantén a colaboración con UNRWA España en apoio á seguridade alimentaria, a saúde e a educación da poboación palestina. Nesta liña, Jesús Gamallo comprometeuse a seguir apoiando a poboación refuxiada palestina a través do financiamento de proxectos de axuda humanitaria que serán instrumentados fundamentalmente a través de convenios de colaboración con UNRWA España.