A Xunta activa unha nova intervención de emerxencia para atender as necesidades dos nepalís afectados polo terremoto de abril, no marco do convenio con Farmamundi.
A Vicepresidencia da Xunta, en colaboración coa ONG Farmamundi e o seu socio local Nepal Leprosy Trust (NLT/HL), asistirá a unhas 2.000 persoas afectadas polo terremoto que azotou Nepal o pasado mes de abril. A actuación concentrarase nos distritos de Sindhuli e Sindhupalchok, onde se rexistraron máis de 2.800 mortos e preto de 900 feridos de gravidade.
Despois de que o pasado 25 de abril un gran terremoto de 7,8 grados na Escala Richter sacudira Nepal causando 8.832 mortos e 22.309 feridos, se teñen producido fortes réplicas no meses de maio e xuño, e as necesidades de axuda humanitaria seguen sendo moitas.
No Distrito de Sindhuli 10.420 casas foron destruídas completamente e 1.638 de xeito parcial, houbo 20 mortes confirmadas, 100 persoas feridas de gravidade. En Sindhupalchowk o grado de destrución acadou o 90 %, con 2.819 persoas falecidas e 772 feridas.
Os comités Distritais teñen solicitado, materiais de acubillo, alimentos, auga e asistencia sanitaria así como suministros médicos, de aí que a intervención planificada vaise centrar en:
- Reparto de tarpaulines, lonas impermeables empregadas como tendas de campaña para refuxios temporais, debido ao alto número de casas destruídas.
- Reparto de de comida (principalmente arroz y lentellas), distribución de auga potable e/ou pastillas potabilizadoras.
- Traslados ao Hospital de Lalgadh e ao Hospital de referencia dispoñible para os casos que necesitan ingresos hospitalarios e/ou probas para facer diagnósticos.
O coordinador humanitario da ONU en Nepal, Jamie McGoldrick, pediu á comunidade internacional que non se esqueza de Nepal. Tralo traballo inicial de rescate e axuda aos damnificados, neste momento estase na fase de reconstrución, sendo importante chegar onde estean os afectados, xa que estamos na época do monzón, polo que é necesario seguir destinando fondos para a recuperación e o futuro desenvolvemento do país, tendo en conta que dos 423 millóns de dólares requiridos pola ONU, apenas se ten desembolsado o 37 % e estímase que aínda hai 2,8 millóns de persoas afectadas.