A XUNTA DE GALICIA E MÉDICOS DO MUNDO COLABORAN PARA DIMINUÍR A MORTALIDADE INFANTIL EN IRUPANA, BOLIVIA
A Xunta de Galicia e a ONG Médicos do Mundo están a colaborar co Goberno municipal de Irupana, en Bolivia, para diminuír os índices de mortalidade materno infantil que se rexistran nesta zona. A Directora Xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, reuniuse co rexedor local (......) para facer un seguimento desta actuación e comprobar os seus resultados, no marco da viaxe que está a realizar dende hai uns días ao país andino para coñecer in situ a evolución dos once proxectos a prol do desenvolvemento nos que está a participar o Goberno galego.
Esta actuación conta cunha achega de máis de 100.000 euros por parte da Xunta de Galicia. Trátase de fortalecer a participación social para diminuír as taxas de mortalidade materna e infantil neste municipio boliviano de 12.200 habitantes.
A escasa conciencia na identificación dos problemas de saúde fai que a poboación local non busque atención médica ata que o problema se presenta como un caso de extrema gravidade. Consecuentemente, canto estes casos chegan ao servizo de saúde, xeralmente con carencias de equipamento, non existen posibilidades de recuperación do doente. Esta situación xera desconfianza na poboación respecto do sistema de saúde oficial.
Para facer fronte a esta situación, Médicos do Mundo tenta fortalecer a capacidade do persoal sanitario local para mellorar a situación. Para éllo se están a levar a cabo accións de capacitación en traballo en equipo e calidez na atención. Ademais, en 2003 creou na rexión unha Rede de Responsables Populares de Saúde, composta por 98 membros dos cales a metade son mulleres, para implementar a estratexia “Atención integrada ás enfermidades prevalentes da infancia” para servir de canle e incrementar a relación das persoas cos traballadores dos servizos de saúde institucionais.
Motocicletas Por outra banda, e para axilizar algunhas prestacións que non poden realizarse nos centros de saúde, se prevé equipar ao hospital local e ao posto de saúde de Laza con motocicletas para permitir o desprazamento dos auxiliares de enfermería ata as comunidades, a fin de aumentar as coberturas dos programas de saúde establecidos polo Ministerio de Saúde boliviano.
Tendo en conta que a responsabilidade da atención en saúde se centra na municipalidade de Irupana, a través do Distrito Local de Saúde, apoiarase, tamén dentro desta actuación, aos funcionarios desta entidade na elaboración do Programa Operativo Anual (POA) e na área de saúde do Plan de Desenvolvemento Municipal.