A finalidade que persegue o Día Internacional do Recordo da Trata de Escravos e da súa Abolición é inscribir a traxedia do comercio trasatrlántico de escravas e escravos na memoria de todos os pobos.As primeiras conmoracións deste día tiveron lugar en varios países, en particular o 23 de agosto de 1998 en Haití e o 23 de agosto de 1999 en Gorée, Senegal.O Director Xeral da UNESCO convida aos Ministros e Ministras de todos os Estados Membros a organizar todos os anos nesta data actos nos que participe toda a poboación do país e, en particular, as mozas e mozos, educadoras e educadores, artistas e intelectuais.