Outras novas
14/12/2016

5ª edición do curso de especialización semipresencial de Auga, Saneamento e Hixiene na Acción Humanitaria organizado por FLASH e o IECAH

Destinado ás persoas interesadas en especializarse no ámbito da auga, saneamento e hixiene na acción humanitaria. No proceso de selección valorarase a experiencia previa das persoas candidatas no ámbito humanitario e/ou cooperación internacional ou en sectores relacionados en España.

O curso está deseñado segundo o Manual de Requirimentos Mínimos para Intervencións en Auga, Saneamento e Hixiene en Emerxencias da AECID. E estrutúrase en 4 módulos de dúas semanas de duración:

  • Módulo I: Introdución á acción humanitaria
  • Módulo II: Saneamento en emerxencias
  • Módulo III: Promoción da hixiene en emerxencias
  • Módulo IV: Abastecemento de auga potable en emerxencias

Cada participante poderá seguir de maneira independente as diferentes clases de cada módulo e comprobar os seus coñecementos a través de autoevaluaciones. Ademais, contémplanse dúas semanas adicionais a disposición das e os participantes, unha previa ao curso para familiarizarse coa plataforma e outra posterior para completar traballos pendentes.