Outras novas
25/09/2008
Outras novas

ACHÉGATE NO BARBANZA

A subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Carlota Román, a concelleira de Igualdade e Acción Social, Mª Esther Patiño e o voceiro do Partido Socialista, Jose Antonio Novoa Romay inauguraron esta mañá en Ribeira  a visita da campaña “Achégate a Cooperación Galega” polo Barbanza.Na inauguración tamén participou un grupo de entre 3 e 7 anos do Centro de Educación Infantil e de Primaria de Artes, e os máis cativos amosáronse entusiasmados coa exposición e participaron activamente nas actividades. ACHÉGATE! é unha exposición visual e atractiva, cunha presentación innovadora onde as imaxes e os conceptos substitúen aos grandes discursos. Mediante  máis de 20 paneis amósanse os proxectos levados a cabo no Sur pola Cooperación Galega dende unha perspectiva humana, directa e obxectiva, ademais de testemuños directos dos protagonistas. A exposición, que permanecerá cinco días no Barbanza, conta tamén con áreas de Actividades e Conta contos, un Rincón  Multimedia e un Expositor de Comercio Xusto. Actividades Ademáis da exposición gráfica, a campaña “Achégate á Cooperación Galega” propón unha atractiva axenda de actividades para os máis cativos. As mañás adícanse a visitas concertadas con centros escolares; e as tardes, ábrense a todo o público en alomenos dúas sesións, ás 16,30 e ás 17,15 horas.Outras actividades son os “Contos solidarios”, do monicreque Abdalaz, a miquiña da paz, os “Cantos solidarios” do Bardo Abelardo, e os “Títeres solidarios”, feitos con materiais de refugallo, que van impartindo xustiza polo mundo.Tamén hai obradoiros de xoguetes feitos a man polos propios rapaces e de traxes tradicionais doutros pobos, ademais da elaboración dun Muro da Paz e dun Xornal de Boas Novas Solidarias.A exposición conta cun concurso rexional de trivial sobre a Cooperación Galega e a Distribución de trípticos, perlizadores, cadernos, pinturas e contos solidarios.