Outras novas
12/04/2017

Activación do convenio Farmamundi para brindar atención socio-sanitaria de emerxencia á poboación afectada polas inundacións nas zonas de Carapongo e Jiquimarca no distrito de Lurigancho -Chisica e San Juan de Lurigancho- Lima, Perú

O pasado 3 de febreiro declarouse o estado de emerxencia nas rexións de Tumbes Piura e Lambayeque e o establecemento do estado de alerta de “El Niño Costero”, que estendese por tódolos departamentos do litoral peruano, incluíndo o departamento de Lima.

Ata o momento informouse de 101 falecementos, 353 feridos, 19 desaparicións, 141,000 damnificados e case un millón de afectados a nivel nacional dende decembro do 2016.

Na cidade de Lima atópanse en emerxencia 15 distritos, onde é xeneralizada a falta de abastecemento de auga potable ao que se suman pontes caídos, moitas vías de comunicación pechadas e o desabastecemento de alimentos e certos insumos.

A pesar de que as chuvias teñen diminuído nos últimos días e o caudal dos ríos se estase reducindo, aínda existen zonas onde o auga está estancada orixinando escenarios propicios para a proliferación de efermidades como Dengue, Chikungunya e Zika.

Coa posta en marcha deste operativo de resposta buscase paliar este risco na cidade de Lima, xa que concentra a un terzo da poboación nacional, estimada en dez millóns de habitantes, polo que é necesario contrarrestar unha posible epidemia que podía significar unha nova situación de catástrofe debido ao nivel de concentración e a fácil propagación, en caso de que non se apliquen medidas de prevención para evitar a súa propagación.

Resposta desde a Xunta de Galicia: intervención socio sanitaria de emerxencia para a prevención de enfermidades

A Xunta de Galicia contando coa colaboración de Farmamundi e o seu socio local en terreo, o Centro de Estudios y promoción del Desarrollo, DESCO, executará a intervención en doce asentamentos humanos do distrito de Lurigancho – Chosica e un asentamento do distrito de San Juan de Lurigancho, onde, segundo os datos recollidos, 1.356 familias atópanse en situación de damnificadas e requiren axuda inmediata e 3.179 están en situación de afectados.

Con esta intervención desenvolveranse accións de mitigación do risco, consistentes na dotación de kits de manexo de auga para a súa purificación e potabilización, e kits de fumigación, ademais do desenvolvemento de formacións específicas e asesoramento para a súa utilización.

Con esta intervención esperase atender nos dous vindeiros meses, a 2000 persoas damnificadas, cun custe que ascende a 7.125,71 €.