A Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo (AECID) preside dende o pasado día 16 de maio a Rede de Axencias Europeas de Desenvolvemento, unha plataforma aberta e informal pensada para o intercambio, a coordinación e a armonización da actividade das axencias europeas en materia de axuda oficial ao desenvolvemento. A rede foi creada en novembro de 2007 e actualmente está formada por nove países e tres organismos de cooperación.
Fonte: AECID