Outras novas
23/04/2014
Outras novas

AMARANTE SETEM organiza en Compostela unha Xornada adicada a modelos económicos dende unha perspectiva feminista

A asociación galega Amarante Setem no marco do seu programa de educación para o desenvolvemento, Xanela Aberta. Asómate ao cambio, na súa edición número XIII, apresenta unha xornada formativa adicada ao coñecemento das Loitas feministas: as súas reivindicacións, ideas e propostas fronte ao modelo socio-económico actual. Para isto, contaremos coa participación de organizacións como a Marcha Mundial das Mulleres e Implicadas co Desenvolvemento.