Outras novas
08/04/2008
Outras novas

CENTROS DE INTERNAMENTO PARA PERSOAS ESTRANXEIRAS

ONG convocan unha manifestación o sábado 12 de abril en Madrid, a fin de que estes centros sexan clausurados, por ser "lugares de excepción" onde non se respectan os dereitos das persoas detidas.

As entidades que convocan a manifestación explican, a través dun manifesto, que os Centros de Internamento para Estranxeiros (CIES) son "guantánamos europeos", xa que "son lugares pechados, escuros e invisibles, limbos xurídicos onde non se sabe o que pasa". Ademais, sinalan que as persoas detidas permanecen nestes centros ata a súa expulsión do Estado español, pola súa situación irregular", un concepto que foi creado polos gobernos.

Segundo o comunicado, o único delito das persoas apresadas é "non ter papeis ou non renovar en prazo a súa autorización de traballo e residencia, o cal constata que as CIES son "cárceres sen delincuentes", prisións de persoas castigadas sistematicamente tras contribuír co seu esforzo, na súa gran maioría, á creación de riqueza no Estado.

Na mesma liña, as ONG convocantes afirman que nas CIES, desde fai anos prodúcense "sistemáticas violacións dos dereitos humanos, silenciadas polos medios de comunicación, institucións e partidos, e ignoradas pola poboación", como "malleiras, humillacións psicolóxicas, falta de atención médica, abortos provocados polas malas condicións, insalubridad, hacinamiento e carencia de tutela xudicial efectiva".

Fonte: CanalSolidario