Outras novas
17/10/2007
Outras novas

¿COMO LOITAN AS MULLERES ANDINAS CONTRA A POBREZA?

"Mulleres contra a Pobreza" é un concurso que dende fai 15 anos se celebra nos países andinos. A novidade desta edición é que esta experiencia vai transcender fronteiras. As gañadoras nacionais de todos os países da rexión andina (Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú e Venezuela) competirán o próximo 30 de novembro en Bolivia.As experiencias que optan ao premio divídense en dúas categorías: a artesanal e a agropecuaria. Algunhas das experiencias premiadas nos últimos anos teñen que ver coas transformacións de produtos lácteos, produtos camélidos, a produción de viño artesanal, a confección de traxes típicos ou a produción e comercialización se sementes e plantas medicinais.

Fonte: CanalSolidario