BASES:
PARTICIPANTES: Persoas físicas, profesionais ou afeccionad@s da fotografía.
TEMAS :As fotografías deberán estar relacionadas con a “ ERRADICACIÓN DA POBREZA”.
NÚMERO DE FOTOGRAFIAS: Cada participante poderá enviar un máximo de dúas fotografías.
PRESENTACIÓN: As fotografías serán rigorosamente inéditas , non se aceptan obras con retoque fotográfico, mais alá das modificacións clásicas en fotografía. Poderán ser en cor ou en branco e negro, e virán montadas sobre unha cartolina, que sobresaia, con un único tamaño de 30x40 en conxunto.
IDENTIFICACIÓN: Presentaranse baixo un só lema, que deberá figurar no borde de cada unha das fotografías. Irán acompañadas do Boletín adxunto ás bases e da fotocopia do DNI nun sobre pechado, no exterior do sobre figurará unicamente o lema elixido.
ENVIOS: Entregaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol , sito na Praza de Armas s/n.
PRAZOS: O prazo de admisión dos traballos será dende o 1 de Outubro ata ó 15 de Novembro.
XURADO: O xurado estará formado polo sr. alcalde do Concello, un representante de cada grupo político, un técnico da área e por dous expertos na materia. A decisión do xurado farase pública no Taboleiro de Anuncios do Concello quince días despois da finalización do prazo de entrega.
PREMIOS: Entregarase un único premio consistente nunha cesta de productos de Comercio Xusto para a persoa gañadora do concurso fotográfico. Se con posterioridade á concesión dos premios se tivese coñecemento de anomalía ou incumprimento das bases, procederase á revogación do mesmo.
ENTREGA DE PREMIOS: Farase coa inauguración da exposición, no “Nadal Solidario”.
EXPOSICIÓN: As obras seleccionadas serán expostas, durante a celebración de Nadal Solidario. A organización,facendo uso dos seus dereitos, poderá realizar exposicións itinerantes coa mostra ata xuño de 2009.
DEVOLUCIÓNS: As obras non premiadas, que veñan acompañadas do Boletín de Inscrición adxunto ás bases, devolveranse a portes debidos, polo mesmo conducto no que foron recibidas. As presentadas persoalmente deberán ser recollidas polos autores nun prazo non superior ós dous meses; transcorrido o mesmo, entenderase, que renuncian a calquera dereito sobre as fotos presentadas.Tódolos participantes poderán ceder as súas fotografías para futuras actividades relacionadas coa solidariedade, voluntariado e cooperación, facéndose mención da autoría das mesmas. L@s interesad@s deberán notificalo no boletín de inscrición.
OBSERVACIÓNS FINAIS:
-As inscricións serán gratuítas
-A obra premiada quedará en propiedade do Concello de Ferrol, reservándose o dereito a editala e utilizala libremente e sen compensación económica, facendo sempre mención @ aut@r da mesma. O gañador deberá presentar o orixinal antes de percibi-lo premio.No caso de utilizar medios dixitais remitirase o ficheiro e tamén o arquivo do que se obtivo a copia para realizar as comprobacións necesarias.
-A organización poñerá o máximo coidado no tratamento do material recollido, sen facerse responsable no caso de perda ou deterioro que puideran sufrir de xeito involuntario por mor da súa manipulación ou envío.
-Os participantes responsabilizaranse de que non existan dereitos sobre as imaxes de terceiras persoas, así como de calquera reclamación que poida xurdir sobre as mesmas con relación ós dereitos de imaxe.
-A aceptación deste Concurso de Fotografía, implica a aceptación das presentes bases, estando facultado o xurado para dirimir aqueles aspectos non previstos na presente convocatoria.
Ficha de inscrición: