Outras novas
20/11/2008
Outras novas

CONCURSO DE MICRO-RELATOS SOBRE O DÉCIMO ANIVERSARIO DE IMPLICADAS

BASES

1. Poderanse presentar persoas de calquera nacionalidade e idade coa única condición de que os textos presentados sexan orixinais en galego e inéditos. Haberá unha única categoría sen distinción de idade.

2. Os micro-relatos deberán ter unha extensión máxima de 2500 caracteres e deberán versar dunha forma ampla sobre os dez anos de vida de Implicadas, tanto sobre a súa filosofía de fondo como sobre calquera outro aspecto relacionado. Podedes atopar información sobre a traxectoria de Implicadas na páxina web da organización www.implicadas.org ou no seu blog www.implicadas.blogspot.com

3. Os micro-relatos poderanse enviar por correo electrónico ou por correo postal, en ámbolos dous casos baixo pseudónimo. Quen desexe optar polo correo electrónico deberá mandar un mail co texto ao enderezo info@implicadas.org, indicando unicamente un número de teléfono de contacto e evitando calquera referencia á/ao autor/a. Quen desexe enviar o traballo por correo postal debe facelo a IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO, CAMELIAS 49, escaleira, 36211, VIGO, indicando no sobre “Para o concurso de MICRO-RELATOS”. Neste caso, dentro do sobre deberá presentarse unha plica na que constarán os datos de contacto do/a autor/a.

4. O prazo de entrega de orixinais remata o luns día 8 de decembro.

5. Concederanse un único premio consistente nunha Cesta de Comercio Xusto valorada en 200 euros. O xurado poderá facer mencións especiais a tantos relatos como considere necesarios. Os premios entregaranse ao longo do espectáculo IMPL&ÍCATE, Noite de música e palabra solidaria que se celebrará no Teatro Principal (Santiago de Compostela) o día 14 de decembro, para o cal a persoa gañadora recibirá dúas entradas.

6. Os relatos premiados serán cedidos a IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO para a súa difusión.

7. O premio poderase declarar deserto.

8. O envío de textos a concurso implica a aceptación destas bases.

Máis información: info@implicadas.org

FONTE: IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO