Outras novas
02/05/2018
Outras novas

A Consellería de Política Social e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) dan continuidade ao programa ‘Vacacións en Paz’

O programa ‘Vacacións en Paz’ permite traer a Galicia a máis de 300 saharauís menores de idade procedentes dos campamentos de refuxiados de Alxeria

 

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e a presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), Maite Isla Avión, asinaron o 30 de abril un convenio de colaboración que dá continuidade ao programa ‘Vacacións en Paz’.