Outras novas
06/04/2008
Outras novas

CONVOCATORIA DE COOPERACIÓN 2008. MICROFINANCIACIÓN, CODESENVOLVENTO E COMERCIO XUSTO

A contribución de Caixa Galicia a cada proxecto, será como máximo, 30.050 euros. En todo caso, a axuda de Caixa Galicia non poderá superar o 80% do custo total do proxecto. No caso de proxectos presentados por dous ou máis ONG en consorcio, este límite de 30.050 euros poderá incrementarse ata un 50%, é dicir, ata 45.075 euros. Así mesmo, neste segundo caso, a axuda tampouco poderá superar o 80% do custo total do proxecto conxunto.

O proxecto presentado deberá contar, polo menos, cun 20% de recursos achegados por outros organismos alleos a Caixa Galicia que poderán proceder dos fondos propios da ONG ou do socio local, os beneficiarios ou outras institucións privadas ou públicas. En todos os casos as achegas deberán estar aseguradas e certificadas.