Outras novas
18/06/2008
Outras novas

CONVOCATORIA PARA Á COMISIÓN DE MOCIDADE

O Parlamento de Galicia, co obxecto de pór en marcha un instrumento institucional na  Cámara galega, que sirva de foro de estudio e de debate e ofreza propostas de solución aos problemas principais que atinxen aos mozos e mozas, tanto de índole laboral, económica, social como cultural.

A Comisión estudará a situación dos mozos e mozas galegas e propoñerá a adopción de medidas que posibiliten a remoción dos atrancos que impiden a súa realización persoal, así como a súa participación e integración na vida social, cultural, económica e política de Galicia.

 Esta comisión ten invitado á Coordinadora Galega de ONGD a participar na mesma, para tratar este tema da situación dos nosos mozos e mozas galegos/as.            

 Todas aquelas ONGD que estean interesadas na temática desta Comisión, e queiran facer aportacións neste eido, para que o representante da Coordinadora as expoña na Cámara baixa, poden enviar as súas propostas, antes do venres 27 de xuño, ao e-mail: coordinadora@galiciasolidaria.org.            

 Espéranse as vosas propostas para elevalas ao Parlamento de Galicia