Outras novas
08/05/2012
Outras novas

Crisis alimentaria no Sahel.

SITUACIÓN ACTUAL NO SAHEL
A rexión do Sahel enfróntase á ameaza dunha crise alimentaria e nutricional que pon en perigo a vida e a saúde de máis dun millón de nenos e nenas que padecen desnutrición severa. Sete países do Sahel presentan taxas elevadas de desnutrición en menores de 5 anos. O conflito armado en Mali provocou  miles de desprazamentos e Burkina Faso recibiu preto de 34.000 persoas refuxiadas.
RESPOSTA DE MÉDICOS DO MUNDO
Desde Médicos do Mundo puxemos en marcha un proxecto para tratar os casos de malnutrición infantil no hospital de Dori, capital dunha das rexións de Burkina Faso con peores indicadores nutricionais. O obxectivo do noso traballo é fortalecer o funcionamento da sala de coidados intensivos para o tratamento de casos de malnutrición aguda severa. Ademais, estableceremos un Centro de Recuperación e Educación Nutricional na sala de Pediatría do centro.