Outras novas
20/07/2023

CURSOS PRESENCIAIS VINCULADOS COA TEMÁTICA WASH

A empresa FLASH – Formación en Logística, Agua, Saneamiento e Higiene envía información sobre dous cursos presenciais vinculados co tema WASH.

O primeiro deles é o curso “Sistemas de información geográfica en acción humanitaria: aplicación a los recursos hídricos” da Universidade Complutense de Madrid, do que xuntamos o enlace: https://www.ucm.es/sigwash

Enfatízase na utilización de ferramentas informáticas para a análise de información espacialmente distribuída, co fin de dar soporte a programas de abastecemento de augas, e, en xeral, para a xestión dos recursos naturais.

O curso pode ser interesante para as persoas que queren – ou traballan xa – no Desenvolvemento de fontes de auga. O prezo da matrícula é de 990 € e as datas son de outubro a decembro de 2023 en horario de luns a venres de 17.00-20.30h

O segundo curso é un curso de posgrado propio (Experto) da Universidade Politécnica de Madrid “XXV curso de posgrado de la Universidad Politécnica de Madrid, Cooperación para el Desarrollo de Asentamientos Humanos Precarios, Instrumentos de Habitabilidad Básica o ICHaB-ETSAM”

O enlace para a información e inscrición neste curso é https://www.upm.es/Estudiantes/Estudios_Titulaciones/EstudiosPosgrado/experto?id=872&fmt=detail

 

 

Documentos