Outras novas
23/08/2007
Outras novas

DARFUR, REPÚBLICA CENTROAFRICANA E CHAD: O SUFRIMENTO QUE NON CESA

Os últimos movementos políticos a nível internacional volveron a chamar a atención sobre a rexión sudanesa de Darfur e as súas veciñas República Centroafricana e Chad."Estas rexións son escenario dunha espiral de violencia, desprazamento de poboación e emerxencia humanitaria que converteron este área do centro de África nun triángulo crítico no que a comunidade internacional amósase incapaz de frear os abusos contra a poboación civil. Nin a comunidade internacional, nin os rebeldes, nin o goberno sudanés cumpriron os seus compromisos", di o director xeral de MSF. (Fonte: CanalSolidario)