Dende a caída do Muro de Berlín, en 1989, e cando podíamos esperar a transformación dos recursos empregados na guerra fría nunha sociedade de benestar, asistimos a trinta guerras alimentadas polos fabricantes de armas e polos mercaderes de intereses. Non se poden seguir gastando máis dun millardo (billón) de dólares anuais en armamento cando se podería proporcionar alimento, saúde, educación básica, garantir a saúde reprodutiva das mulleres e preservar o medio ambiente para todos os seres humanos.Máis de 3.000 millóns de persoas sobreviven no umbral da pobreza con menos de 2 dólares ao día. Máis de 1.000 millóns padecen fame absoluta. 1.500 Millóns non dispoñen de vivenda e 2.000 millóns non teñen acceso a auga potable. 300 millóns de nenas e nenos traballan catorce horas diarias por un dolar ao día.Unha sociedade solidaria consigo mesma e con outras sociedades, formada por persoas e colectivos conscientes, responsables e consecuentes, nunha palabra, solidarias, é unha sociedade de futuro sostible. Practiquemos a solidariedade. E esixamos aos nosos gobernos que o sexan.A solidariedade é o futuro. De persoa a persoa, de pobo a pobo, de cultura a cultura, de civilización a civilización.