Esta data, institucionalizada xunto á bandeira e o himno ciganos no Primeiro Congreso Mundial Roma/Cigano celebrado en Londres en 1971, está tendo nos últimos anos unha importante difusión. Como en anos anteriores, a Fundación Secretariado Cigano editou tamén este ano un cartel conmemorativo (con versións en varias linguas) e desde as sedes territoriais estanse programando numerosas actividades culturais e lúdicas.
Máis información: http://www.gitanos.org/zonas/galicia/index.html