Outras novas
09/12/2007
Outras novas

D&ÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

A pobreza é causa e produto das violacións dos dereitos humanos. Debido a esta dualidade a pobreza é probablemente o máis grave dos problemas de dereitos humanos no mundo. Os vínculos entre os dereitos humanos e a pobreza son evidentes: as persoas ás que se lles denegan os dereitos -as vítimas da discriminación ou a persecución, por exemplo-teñen máis probabilidades de ser pobres. Polo xeral, atopan difícil ou imposible participar no mercado de traballo e teñen pouco ou ningún acceso aos servizos básicos e os recursos. Entre tanto, as persoas pobres en moitas sociedades non poden gozar dos seus dereitos á educación, a saúde e a vivenda simplemente porque non están ao seu alcance. E a pobreza afecta a todos os dereitos humanos: os baixos ingresos poden impedir o acceso das persoas á educación, un dereito económico e social, o que á súa vez inhibe a súa participación na vida pública, un dereito civil e político e a súa capacidade para influír nas políticas que lles afectan.