Outras novas
15/10/2008
Outras novas

D&ÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN- 2008

O cambio climático aféctanos a todos. Pero as consecuencias serán moito máis prexudiciais para centos de millóns de pequenos agricultores, pescadores e persoas cuxas vidas dependen dos bosques, e que son poboacións xa vulnerables e expostas á inseguridade alimentaria. Ao afectar á dispoñibilidade de terras de cultivo, auga e biodiversidade, e ao prezo dos alimentos, a crecente demanda de biocombustibles producidos a partir de cultivos alimentarios repercute tamén nas poboacións pobres.

O Día Mundial da Alimentación bríndanos a oportunidade de pór de relevo unha vez máis o flaxelo que afecta a 862 millóns de persoas subnutridas do mundo. A maioría delas vive nas zonas rurais, e o sector agrícola é a súa principal fonte de ingresos. Os progresos cara á consecución do obxectivo do Cume Mundial sobre a Alimentación de reducir o seu número á metade para o ano 2015 xa se estancaron. O quecemento do planeta e o auxe dos biocombustibles están ameazando agora con aumentar o número de persoas famentas nos próximos decenios.

GRAVES CONSECUENCIAS:

O cambio climático afectará á dispoñibilidade da auga, á idoneidade das terras para diferentes tipos de cultivos, gando, peixe e pastos. Afectará tamén á saúde e a produtividade dos bosques, a incidencia de pragas e enfermidades, a biodiversidade e os ecosistemas. Igualmente ameaza con erradicar moitas comunidades rurais, sobre todo nos casos en que os dereitos sobre as terras non están formalizados, co que para moitas comunidades desprazadas, resultará imposible manter as súas tradicións agrícolas ou de pastoreo.

O sector agrícola máis afectado será a agricultura de secaño - que abarca o 96 % de todas as terras cultivadas do África subsahariana, o 87 % de América do Sur e o 61 % de Asia. a rega nas grandes concas e deltas fluviais está exposta a riscos debido a unha combinación de redución da escorrentía, a salinidade, o aumento das inundacións e a elevación do nivel do mar e a contaminación urbana e industrial.

O cambio climático tamén afecta á biodiversidade, ao aumento de epidemias e enfermidades transfronteirizas e ao desenvolvemento da pesca e a acuicultura.

A agricultura debería contribuír a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.  O uso dos biocombustibles como unha solución para reducir as emisións de carbono e depender menos dos combustibles fósiles ten consecuencias decisivas para a seguridade alimentaria, así como para a utilización actual e futura das terras.  

INICIATIVAS:  

Moito se pode facer agora e nos próximos decenios para reducir os efectos máis prexudiciais do quecemento do planeta:  

  • elaborar modelos do clima e os seus efectos para obter unha mellor Comprensión e preparación,
  • diversificar os medios de vida e adaptar a agricultura, a pesca e as prácticas forestais
  • mellorar e ampliar as previsións meteorolóxicas e climáticas;
  • mellorar os sistemas de vixilancia e alerta;
  • elaborar medidas de xestión do risco de desastres.

Para adaptarse mellor aos efectos do cambio climático:

  • axustar os plans sobre a utilización das terras, os programas de seguridade alimentaria, as políticas relativas aos sectores pesqueiro e forestal.
  • ter en conta nas análises de custo-beneficio os riscos do cambio climático para a rega ou a protección das costas.
  • promover as mellores prácticas dos agricultores mediante a creación de capacidade e o establecemento de redes.
  • prestar apoio á aplicación dos programas de acción nacionais para a adaptación ao cambio climático.
  • elaborar plans para imprevistos que teñan en conta posibles situacións de riscos novos e en evolución.

FONTE: FAO