Outras novas
23/10/2008
Outras novas

D&ÍA MUNDIAL DA INFORMACIÓN SOBRE O DESENVOLVEMENTO

A Asemblea decidiu que a data desa xornada coincidise, en principio, co Día das Nacións Unidas, 24 de outubro, que é tamén a data en que se aprobou, en 1970, a Estratexia Internacional do Desenvolvemento para o Segundo Decenio das Nacións Unidas. A Asemblea manifestou a súa convicción de que a mellora da difusión da información e a mobilización da opinión pública, especialmente da xente nova, serían un factor importante para lograr un mellor coñecemento dos problemas xerais do desenvolvemento, o que promovería os esforzos en materia de cooperación internacional.

Por iso, as Nacións Unidas contan co seu Programa para o Desenvolvemento (UNDP). Un dos seus cometidos principais e analizar o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, que teñen como fin último acabar coa pobreza no mundo. Tamén emite un informe anual sobre a situación do desenvolvemento no planeta. Na súa web pódense consultar tamén todo tipo de recursos relacionados co seu traballo.

En Galiza é moi importante o labor que desenvolven as ONGD (Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento). A súa actividade está coordinada pola Coordinadora Galega de ONGD, que dispón dunha web chea de información, con novas, un calendario de actividades, publicacións e documentación, entre outras.

No mes de decembro vaise desenvolver o Foro Social Galego, que estudará solucións aos problemas causados polo modelo económico e propoñerá como defender as liberdades e os dereitos sociais.

Tamén resultan de interese as análises do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), que conta coa súa presenza na rede.

Outra visión é a do Banco Mundial, creado co obxectivo de asistir de xeito financeiro e técnico para os países en desenvolvemento en todo o mundo. A organización internacional é propiedade de 185 estados membros e está formada por dúas institucións de desenvolvemento singulares: o Banco Internacional de Reconstrución e Fomento (BIRF) y a Asociación Internacional de Fomento (AIF).

FONTE: SOCIEDADE DA INFORMACIÓN