Outras novas
24/05/2008
Outras novas

D&ÍA MUNDIAL DE ÁFRICA

En xullo de 2002, a OUA pasou a ser a Unión Africana (UA). Baixo o lema 'Paz, Prosperidade e Desenvolvemento', o Día de África marca tamén esta transición simbólica do OUA ao UA e o seu novo programa económico: a Nova Alianza para o Desenvolvemento de África (NEPAD).

O número da poboación africana desnutrida aumentou bruscamente durante os anos noventa. Mentres a nivel mundial o número total de persoas desnutridas diminuíu, a proporción de poboación desnutrida do África Subsahariana mantívose case inalterada.

A Organización para a Agricultura e a Alimentación (FAO) advirte regularmente sobre a "crise alimentaria" experimentada nos diferentes países africanos, sobre todo no Corno Africano. No seu último informe Situación da Subministración de Alimentos e Perspectivas dos Cultivos no África Subsahariana, describe a situación da subministración de alimentos en Eritrea como "crítica", principalmente debido ás graves secas acaecidas durante as estacións agrícolas anteriores. O informe tamén inclúe a Etiopía, Mauritania e Zimbabwe como países que necesitan urxentemente axuda alimentaria.